Translate

CURSOS

CURSOS 2019:
CLARINETE CON KARIM SOMAZA

(24 e 25 de Abril de 2019)



Trátase dun músico venezolano nado en Barquisimeto. Comezou a estudar clarinete co profesor Ricardo Pérez e Gilberto Giménez. En 2002 ingresou no Conservatorio "Simón Bolívar", baixo a tutela do mestre Edgar Pronio, máis tarde uniuse á Academia Latinoamericana do Clarinete co mestre Valdemar Rodríguez. Graduouse no Conservatorio de Música "Simón Bolívar " de Venezuela con mención execución instrumental, e na Universidad Nacional Experimental das Artes UNEARTE.

Actuou coma solista en varias ocasións coa Orquesta Sinfónica Simón Bolívar de Venezuela, Orquesta Sinfónica de Caracas, Orquesta Sinfónica "Teresa Carreño", Orquesta Sinfónica de Ciudad Guayana, Orquesta Sinfónica de Lara e no VI, VII, VIII e XI Festival de Jóvenes Clarinetistas Venezolanos. En 2013 foi solista en Korea e Xapón coa Orquesta Sinfónica de Caracas tocando no Tokyo Metropolitan Art Space. Tocou tamén no Arts Theater Seoul en Korea. En 2014 actuou coma solista no Gothenburg Concert Hall en Suecia coma parte da xira a Europa da Orquesta Sinfónica de Caracas.

Formou parte da sección de clarinetes da Orquesta Sinfónica Simón Bolívar de Venezuela baixo a batuta dos mestres Gustavo Dudamel e Diego Matheuz. Tamén foi Clarinete Principal da Orquesta Sinfónica de Caracas tocando nos máis importantes teatros de Europa e Asia, coma o Teatro Mariinsky de San Petersburgo, Konzerthaus de Viena, Festival de Ravello en Italia, Festival Beethoven en Bonn, Musikverein de Viena, Cite de la Musique en París, Scala de Milan, Palau de la Música Catalana, Teatro de Artes Escenicas en Beijing-China, Teatro Hiroshima-Shi City Koryu Kaikan en Xapón, Berlín Philarmonie, Grande Auditorio Gulbenkian en Lisboa, Casa da Música en Oporto, Oslo Konserthus, Festival de Salzburgo, Tonhalle de Zurich, Laeiszhalle en Hamburgo, Vatroslav Lisinski Concert Hall en Zagreb, Liszt Akademia en Budapest, L´ Auditorium de Bordeaux, entre outros.

Recibiu clases de música de cámara co mestre José Antonio Abreu e de Clarinete cos mestres Vicente Alberola, Luis Rossi, Jorge Montilla, Walter Seyfarth, Mark Friedman, Michelle Arrignon, Charles Niedich, Ronald Van Spandonck, Juan Ferrer, Ernst Ottensamer, Phillipe Cuper, Antonio Saiote, entre outros.

Foi dirixido por mestres coma Gustavo Dudamel, Claudio Abbado, Simon Rattle, Diego Matheuz, Leon Botstein, Rafael Payare, Dietrich Paredes

Foi estudante na cátedra de dirección orquestral ca Mestra Teresa Hernandez en Venezuela. Dirixiu Orquestras Sinfónicas Xuvenís en Chile e Venezuela.

Na actualidade estuda clarinete e dirección co mestre Vicente Alberola.




CURSOS 2018:
CLARINETE CON CRISTO BARRIOS
(2 e 3 de Marzo de 2018) 


O son de Cristo Barrios, ademais de fermoso, está elegantemente calibrado sobre una amplísima gama dinámica e expresiva.” (REVISTA GRAMOPHONE). Cristo Barrios desenrolou unha brillante carreira coma solista e músico de cámara que combina repertorio clásico e romántico con obras de nova creación, tendo un interese especial pola música do século XX. Ademais, os seus espectáculos para clarinete, danza e improvisación libre convérteno nun intérprete versátil e único.
A súa carreira solista levouno a actuar nalgunhas das salas máis prestixiosas do mundo, coma o Auditorio Nacional de Madrid, Palau da Música de Barcelona, Konzerthaus de Berlín, Wigmore Hall e Cadogan Hall de Londres, Konzerthaus de Viena, Concertgebouw de Amsterdam e Carnegie Hall de Nueva York. Coma músico de cámara destacan as súas aparicións cos cuartetos de corda Elias, Minetti, Endellion, Arditti e Brodsky, e cos solistas Asier Polo e Maxim Rysanov.
O seu compromiso coa música do noso tempo e coa creación de novas obras para o seu instrumento traduciuse en importantes estreas, coma o Concerto para clarinete e orquestra Ayssuragan de Gustavo Díaz-Jerez coa Orquesta Sinfónica de Tenerife, dirixida por Antoine Marguier, e o Concerto para clarinete e orquestra de Nino Díaz, coa Mariinsky Symphony Orchestra, dirixida por Valery Gergiev.
O seu interese non so polas obras contemporáneas, senón polas cuestións teóricas (coma a musicoloxía e a filosofía) que fan posibles as colaboracións entre compositores e solistas, levouno a traballar nunha investigación doutoral moi ambiciosa. Este proxecto permitiulle analizar en profundidade algunhas das obras para clarinete solista máis importantes do repertorio recente en contacto directo con compositores tales coma Jörg Widmann, Einojuhani Rautavaara, Helmut Lachenmann e Kaija Saariaho. Coma resultado de esta investigación, Barrios recibíu o título de doutor en musicoloxía pola Universidade Complutense de Madrid. Os seus proxectos discográficos xurden da súa paixón tanto por ofrecer novas creacións musicais a un público o máis amplo posible, coma por ofrecer interpretacións moi persoais do repertorio xa establecido. Así pois, Cristo Barrios gravou The Voice of the Clarinet (Divine Art Records), un CD orixinal con transcripciones de lied; 20th Century Music for Clarinet (Metier Records), que inclúe obras de Bernstein, Bax, Berg, Brotons e Honegger; e IAMUS (Melomics Records), un disco que recolle gravacións de obras xeradas por ordenador a través dun innovador proxecto da Universidade de Málaga que reuníu a compositores, músicos e científicos. Na súa faceta pedagóxica, Cristo Barrios desenrola una intensa laboura que o levou a dar clases maxistrais no Conservatorio de Música da Orquestra Metropolitana en Lisboa, a Universidade das Artes en Zúrich, a Academia Noruega da Música en Oslo, o Conservatorio de Estrasburgo, a Academia Sibelius en Helsinki, o Conservatorio de Colonia, a Academia de Música Ferenc Liszt en Budapest e o Conservatorio de Ámsterdam. O seu labor docente destaca pola introdución de innovacións de carácter interdisciplinar entre as que figuran o uso da improvisación libre, o canto e a danza para mellorar a capacidade interpretativa dos alumnos.
Cristo Barrios é asociado honorífico da Royal Academy of Music (Londres) e, actualmente, profesor do Centro Superior Katarina Gurska e da Universidad Alfonso X El Sabio (Madrid). Ademais, é artista Buffet Crampon, artista Vandoren e artista Silverstein. Por último, Cristo colaborou co construtor de instrumentos René Hagmann, con quen introduciu melloras substanciais nos seus clarinetes.

MECÁNICA DOS INSTRUMENTOS DE VENTO MADEIRA CON PABLO PASCUAL
(13 de Abril de 2018)


Pablo Pascual naceu na Cañiza, Pontevedra en 1976. Como clarinetista formouse con Miguel Romea, Miguel Espejo e Felipe González e coma clarinetista baixo con Gustavo Duarte Henri Bok, Harry Sparnaay e Carlos Gálvez. Tamén estudou a gaita escocesa con Jean-Pierre Rogel, René Louedéc e Patrick Molard. Grabou en moreas de produccións discográficas xunto a Marful, Abe Rábade, Laio, Dave Herrington, Jesús Slleantandreu, Tony Macmanus, Jacky Molard, Germán Díaz, Joana Machado ou Fred Martins. Xunto ó seu irmán Pedro, compuseron e produciron numerosos discos e bandas sonoras. Como técnico reparador formouse con Emilio Carluzzi en Módena, Daniel Bangham en Cambridge, e con Laurent Duchaussay, Laurent Duda e Thierry Morel na fábrica Buffet-Crampon de Mantes-la-Ville. É profesor de clarinete e gaita na EMMSC







CURSO DE CLARINETE CON VICENTE ALBEROLA  
19 e 20 de Maio de 2017




Director titular da Orquesta Sinfónica 430 Vigo, da Orquesta Sinfónica Gurska de Madrid e director invitado da Ópera de Perm (Rusia). Paralelamente é tamén primeiro clarinete da Mahler Chamber Orchestra e de “Les Dissonances” (París). Os seus estudos realizounos con Walter Boeykens no Conservatorio Real de Amberes (Bélxica) e ó mesmo tempo con George Pieterson (Royal Concertgebouw Orchestra) e Larry Combs (Chicago Symphony Orchestra). Alberola foi durante máis de vinte anos primeiro clarinete da Ópera de Madrid e da Sinfónica de Galicia. Durante a última década foi primeiro clarinete invitado coa Royal Concertgebouw Orchestra, New York Philarmonic Orchestra, Lucerne Festival Orchestra, etc; agrupacións coas que tivo a oportunidade de interpretar o gran repertorio sinfónico baixo a batuta de mestres como Claudio Abbado, Mariss Jansons, Riccardo Mutti...

A súa vocación como director descubriríaa coa Joven Orquesta de Galicia no ano 1996, agrupación da que foi oito anos titular. En 2003 foi nomeado director da Joven Orquesta de la Ópera de Madrid e en 2007 da Joven Orquesta de Soria.

Vicente Alberola dirixiu no Teatro Real de Madrid as seguentes óperas: Rita de Donizetti, La Boheme de Puccini, Don Giovani de Mozart. Ó mesmo tempo dirixiu programas sinfónicos coa Sinfónica de Madrid, coa Orquesta Excelentia Santa Cecilia de Roma, a Orquesta da Ópera de Perm, a Joven Orquesta Nacional de España, a Sinfónica de Valladolid...


BOLETÍN DE INSCRICIÓN



CARTAZ








CURSO DE CLARINETE CON JOSEP SANCHO 
28 DE ABRIL DE 2016: CONCERTO-CONFERENCIA
29 E 30 DE ABRIL DE 2016: CURSO


“Difícilmente as obras poderían ter sido interpretadas con maior expresividade e acerto de estilo”. Así califica o Financial Times de Londres a Josep Sancho, gañador do Primeiro Premio no International K. Penderecki Music Competition de Polonia, e un dos clarinetistas máis activos da súa xeración. Actuou coma solista e músico de cámara en Italia, Alemania, Inglaterra, Polonia, Eslovenia, Canadá, Jordania, Estados
Unidos e nas principais cidades de España.

Tamén foi premiado nos concursos de JJ.MM de España, Palau de la Música de Barcelona, no Geoffrey Hawkes Clarinet Prize, o John Ireland Chamber Music Competition e no BBC Young Artists'Forum, en Londres.

Colaborou coa Orchestre des Jeunes de la Mediterranée, a Interregionales Simphonieorchester, a Royal Liverpool Philharmonic Orchestres, Orquesta Sinfónica do Liceo, Orquestra do Teatre Lliure e a European Union Chamber Orchestra. No campo da música de cámara colaborou con membros do Ensemble Intercontemporaine, Osiris Trio e os cuartetos Brodsky, Ysaÿe, Casals e Con Tempo.

Especialmente interesado na divulgación da música actual, fundou o Trio Guinjoan e colabora frecuentemente en festivais de música do S.XX, destacando a súa especial participación no Festival Donatoni de Londres (1999) e no Festival de Música de Alicante.


                    BOLETÍN DE INSCRICIÓN


CARTAZ



CURSO DE CLARINETE CON DARÍO MARIÑO VARELA
29 E 30 DE MARZO DE 2014



Dende a tempada 2013-14 é primeiro solista de clarinete da Konzerthausorchester en Berlín, foi academista da Orquestra Filharmónica de Berlín entre 2010 e 2012, e tamén colabora como clarinete solista coa Orquestra Filharmónica de Berlín, hr-Radio Sinfonieorchester Frankfurt, Deutsches Symphonie-orchester Berlín (DSO), Deutsche Kammerphilharmonie Bremen, Deutsche Oper Berlín, NDR de Hamburgo, Orquestra da Radio de Stuttgart da SWR, Komische Oper Berlín, Orquestra de Cámara de Munich, e coa Orquesta Sinfónica de Castilla y León e Orquestra Sinfónica de Galicia, entre outras. Membro da Joven Orquesta Nacional de España (JONDE), foi primeiro clarinete no Pacific Music Festival (PMF), Xapón, no Ensemble Spira Mirabilis, Italia e durante cinco anos na Gustav Mahler Jugendorchester (GMJO).

Fixo música de cámara co Cuarteto Quiroga, con Anne LeBozec, Alain Meunier, Enrique Bagaría, Stefano Canuti, Leif Ove Andsnes, Stephan Picard, Martin Menking, Björn Lehmann, Melvyn Tan, Christiane Karajeva, Maurice Bourgue, Radovan Vlatkovic, Klaus Thunemann, Scharoun Ensemble e é membro do Quintetto Ensemble Papageno. Traballou co compositor John Corigliano na interpretación do seu ‘Soliloquio para clarinete e cordas’.

Gañador do Concurso de Solistas do Primer Palau 2008 en Barcelona, interpreta e grava os Concertos de Mozart, Copland, Weber e Shaw en España e Italia.

No 2008 ensina clarinete na Fundación Al Kamandjati en Ramallah e Jenin, Cisxordania, utilizando a música como medio de desenrolo cultural e humano.

Dende 2010 é docente de diferentes cursos e masterclases.

Aquí tedes uns vídeos onde o podedes ver e escoitar. 

No primeiro co Natalia Ensemble interpretanto unha adaptación da Sinfonía nº 4 de Gustav Mahler (I. Bedächtig, nicht eilen):


Neste vídeo, podedes velo tocando ca Filharmónica de Berlín nun fragmento da Sinfonía nº 2 de G. Mahler:



TRÍPTICO E BOLETÍN DE INSCRICIÓN:



CARTAZ:






CURSO DE CLARINETE E MÚSICA DE CÁMARA CON BEATRIZ LÓPEZ RAMÍREZ
16 E 17 DE MARZO DE 2013


Nada en Jérica (Castellón), acadou o título superior de clarinete no Conservatorio Superior de Música de Valencia e perfeccionou os seus estudos con José Vicente Herrera e na Universidade Mozarteum de Salzburgo con Alois Brandhofer. Foi membro da Orquesta de la Universitat de València entre 1999 e 2002. Co Pamina Trio, do que é fundadora, actuou en España, Austria e Xapón e gañou o primeiro premio nos concursos de música de cámara en Vinarós, Barcelona e Turín; tamén resulta premiada no Concurso Carlo Soliva de Casale Monferrato (Italia). Colaborou coas orquestras de Valencia, RTVE, Sinfónica de Galicia e durante 3 anos coa Mozarteum Orchester de Salzburgo e foi membro da Orquesta Sinfónica Ciudad de Oviedo. Dende 2008 é clarinete solista da Real Filharmonía de Galicia, profesora de clarinete da Escola de Altos Estudos Musicais de Galicia e membro do Airas Ensemble.



TRÍPTICO E BOLETÍN DE INSCRICIÓN:








CARTAZ:








CURSO DE CLARINETE CON CARLOS CASADÓ TARÍN
23, 24 E 25 DE MARZO DE 2012


Titulado Superior na especialidade de Clarinete polo Conservatorio “Joaquín Rodrigo” de Valencia, onde estudiou con Juan Vercher e José  Cerveró, posteriormente ampliou os seus estudos con Yehuda Gilad na University of Southern  California (Los Ángeles, USA). Tamén foi membro da JONDE (Xove Orquestra Nacional de España), recibindo clases de Christine  Lundquist (Utah Symphony) e John Reynolds (Royal Collage of Manchester). Paralelamente cursou estudos de Socioloxía na Universidade Nacional de Educación a Distancia.

Segundo premio na Orchestral Audition Competition organizada por I.C.A. (Internacional Clarinet Association), o seu traballo neste campo orquestral reportoulle  realizar un trial ca BBC Scottish Symphony,  obter a praza de clarinete baixo na Göteborgs Operan e  ser actualmente membro  da Orquesta Nacional de España.

A súa actividade camerística ven dada por recitais xunto a diversas formacións e por ser integrante do Grupo LIM, co que realizou numerosos estreos, concertos e gravacións.  Ó marxe déstas tamén ten editado tres CDS,  “Música para clarinete solo del siglo XX”, “Arabesco”, para clarinete y piano;  e “Just for fun”, para clarinete baixo e piano, rexistros recibidos excelentemente pola crítica especializada.
    
  En canto a súa laboura pedagóxica, é Catedrático de Clarinete no Conservatorio Estatal Superior de Música de A Coruña e invitado por diferentes institucións para realizar cursos, encontros e actividades didácticas diversas.

   En 2006, a International Clarinet Association designouno Chairperson  para España.

TRÍPTICO E BOLETÍN DE INSCRICIÓN:



CARTAZ:


No hay comentarios:

Publicar un comentario