Translate

miércoles, 18 de junio de 2014

Imaxinade..... e Bo Verán!!

A música pode transmitir unha chea de sensacións, así como tamén pode inspirarnos e facer que a nosa imaxinación nos leve a mundos fantásticos. 
Iso é o que lle pasou ó extraordinario artista gráfico francés Grégoire Pont cando escoitou a interpretación da Disco-Toccata de Guillaume Connesson a cargo de Florent Héau co clarinete (estivo con nós no conservatorio o curso pasado) e Jérôme Pernoo co violoncello.


Dádelle renda solta á vosa imaxinación e gozade das vacacións!!

Bo verán a todos!

lunes, 2 de junio de 2014

Curso Verán

Ola clarinetistas!!
Xa estamos a piques de rematar o curso e temos que procurar cousas para facer no verán. Hoxe imos a propoñervos un cursiño moi interesante impartido polos membros do Natalia Ensemble que se vai a realizar en Santiago de Compostela do 19 ó 23 de Xullo, e no que se impartirán tanto clases instrumentais individuais como de cámara. Aquí tedes información sobre o curso e si queredes o boletín de inscrición, pinchade aquí.


Ademáis do curso de música, tamén poderedes gozar escoitando a esta fantástica agrupación, xa que O Natalia Ensemble regresa este verán a Galicia traendo consigo a primeira versión de cámara da Quinta Sinfonía de Mahler. Esta sinfonía poderase escoitar xunto á Pavana para unha infanta difunta de Ravel no Hostal dos Reis Católicos de Santiago de Compostela o 28 de xullo e no Centro Ágora de A Coruña o 29 de xullo.

Animádevos a asistir!!