Translate

lunes, 22 de diciembre de 2014

Bo Nadal con Sting

Ninguén dubida da maxia do gran cantante Sting, pero vos imaxinades que pasaría si nun concerto en directo a este monstro se lle ocurrise acompañar un dos seus grandes temas cun clarinete?

Aquí tedes o resultado: a fabulosa canción Englishman in New York 
acompañada polo clarinetista chileno Andres Perez Muñoz 

 
Xa chega o Nadal!
Desexamos que pasedes unhas Felices Festas!!!

sábado, 29 de noviembre de 2014

VIENNA CLARINET CONNECTION

Ola a tod@s!

No vindeiro mes de Marzo de 2015, o prestixioso cuarteto de clarinetes Vienna Clarinet Connection vai a estar en Ourense. 
Participará no ciclo de concertos organizado polo Festival Internacional de Música Pórtico do Paraíso (que xa vai pola  súa VII edición) e tamén ofrecerá un curso no Conservatorio de música de Ourense, para o cal xa está aberto o prazo de inscrición (o prazo remata o 12 de Decembro!!!). 



A axenda será a seguinte:


Para facer a preinsrición, podedes poñervos en contacto coa Secretaría do Curso no teléfono 988391047 ou no correo electrónico: 
cmus.ourense@edu.xunta.es 

Anivádevos a participar e non deixedes pasar esta excelente ocasión de disfrutar e aprender con estes magníficos músicos!!!


miércoles, 18 de junio de 2014

Imaxinade..... e Bo Verán!!

A música pode transmitir unha chea de sensacións, así como tamén pode inspirarnos e facer que a nosa imaxinación nos leve a mundos fantásticos. 
Iso é o que lle pasou ó extraordinario artista gráfico francés Grégoire Pont cando escoitou a interpretación da Disco-Toccata de Guillaume Connesson a cargo de Florent Héau co clarinete (estivo con nós no conservatorio o curso pasado) e Jérôme Pernoo co violoncello.


Dádelle renda solta á vosa imaxinación e gozade das vacacións!!

Bo verán a todos!

lunes, 2 de junio de 2014

Curso Verán

Ola clarinetistas!!
Xa estamos a piques de rematar o curso e temos que procurar cousas para facer no verán. Hoxe imos a propoñervos un cursiño moi interesante impartido polos membros do Natalia Ensemble que se vai a realizar en Santiago de Compostela do 19 ó 23 de Xullo, e no que se impartirán tanto clases instrumentais individuais como de cámara. Aquí tedes información sobre o curso e si queredes o boletín de inscrición, pinchade aquí.


Ademáis do curso de música, tamén poderedes gozar escoitando a esta fantástica agrupación, xa que O Natalia Ensemble regresa este verán a Galicia traendo consigo a primeira versión de cámara da Quinta Sinfonía de Mahler. Esta sinfonía poderase escoitar xunto á Pavana para unha infanta difunta de Ravel no Hostal dos Reis Católicos de Santiago de Compostela o 28 de xullo e no Centro Ágora de A Coruña o 29 de xullo.

Animádevos a asistir!!

domingo, 4 de mayo de 2014

Música fresquiña para achegarse ó verán....

Ola clarinetistas!
Hoxe imos a deixarvos un vídeo para que escoitedes a fermosa peza "Si Tu Vois Ma Mère", creada polo gran clarinetista de Jazz Sidney Bechet e que foi usada por Woody Allen na súa  película "Medianoite en París", cunha excelente interpretación a cargo de David Krakauer:



Ata a próxima!!

martes, 15 de abril de 2014

Lembrando o curso con Darío...


Deixámosvos unhas fotos do estupendo fin de semana que vimos de pasar con Darío Mariño. O ambiente do curso, tanto musical, como persoal foi estupendo.

Graciñas Darío!














Ata a próxima!!

domingo, 23 de marzo de 2014

Concurso de Clarinete!!


A Concellería de Educación de Ourense en colaboración co Conservatorio profesional de Música de Ourense acaban de organizar o Primeiro Concurso de Clarinete "Cidade de Ourense" ca finalidade de incentivar e estimular ós novos intérpretes de clarinete de idades comprendidas entre os 8 e os 14 anos.

Aquí vos deixamos toda a información:



Animádevos a participar!

lunes, 3 de marzo de 2014

Chegou o Entroido!!



Xa está aquí o Entroido un ano máis, e por suposto tamén chegou ó CMUS Xoán Montes de Lugo. Este mércores os clarinetistas máis novos tamén se disfrazaron para vir á clase.


Gozade moito destes días de troula e non vos esquezades de seguir practicando co clarinete entre cada disfrace.


Vémonos á volta e.... BO ENTROIDO!!! 

Victoria, Sabela,Nera, Candela, Álex e Raúl

domingo, 2 de febrero de 2014

Cursos Vento Madeira!!


Acaba de ser presentada unha nova edición dos Cursos de Vento Madeira (...imos polo 8º ano consecutivo), que organiza en conxunto o Departamento de Vento Madeira do CMUS Xoán Montes de Lugo, e xa temos os trípticos e o cartel.
A semana pasada anunciarámosvos que nesta ocasión Darío Mariño sería o profesor de clarinete, e agora confirmámosvos todo o elenco de profesorado:

Curso de clarinete os días 29 e 30 de marzo. Profesor: Darío Mariño 

Curso de saxofón os días 28, 29 e 30 de marzo. Profesor: Mariano García

Curso de frauta os días 5 e 6 de abril. Profesor: Joan Ibáñez

viernes, 24 de enero de 2014

Novas frescas!!

Xa podemos confirmarvos o profesor encargado de impartir o tradicional curso de clarinete que todos os anos organizamos dende o Departamento de Vento Madeira. 
Nesta edición do 2014, teremos a sorte de contar con Darío Mariño Varela os días 29 e 30 de Marzo.


Darío é clarinete solista da Konzerthausorchester en Berlín, tocou coas mellores orquestras e ten tamén unha ampla experiencia na música de cámara.
En breves datas deixarémosvos un enlace para que poidades descargar os trípticos con toda a información dos cursos e os boletíns de inscrición.

Aquí vos deixamos un vídeo no que o podedes ver tocar ca Filharmónica de Berlín:



Os clarinetes soan de maneira espectacular!!

domingo, 19 de enero de 2014

Martin Fröst na Fonoteca!!


Lembrade que este mércores (22 de Xaneiro) ás 18:00, dentro do "II Ciclo de Proxeccións de Vento Madeira" proxectaremos na fonoteca do CMUS  un vídeo no que repasaremos a traxectoria do clarinetista Martin Fröst.

Lembrámosvos o programa do ciclo:

21 de Xaneiro, martes, ás 19 horas: frauta
22 de Xaneiro, mércores, ás 18:00: clarinete
23 de Xaneiro, xoves, ás 18:00: óboe
27 de Xaneiro, luns, ás 20:00 horas: saxofón
28 de Xaneiro, martes, ás 19:00: fagot

Agardámosvos!!

miércoles, 15 de enero de 2014

II Ciclo de Proxeccións Vento Madeira


Logo do éxito acadado na edición do curso pasado, no Departamento de Vento Madeira do CMUS Xoán Montes de  Lugo, vimos de organizar o "II Ciclo de Proxeccións Vento Madeira". 
Durante este mes de Xaneiro, proxectaremos na Fonoteca do Conservatorio diversos vídeos, cada un adicado a un instrumento do Departamento. 

O programa do ciclo será o seguinte:
  • 21 de Xaneiro, martes, ás 19 horas: frauta
  • 22 de Xaneiro, mércores, ás 18:00: clarinete
  • 23 de Xaneiro, xoves, ás 18:00: óboe
  • 27 de Xaneiro, luns, ás 20:00 horas: saxofón
  • 28 de Xaneiro, martes, ás 19:00: fagot

Esperamos que vos animedes e pasedes polo cine do Departamento para pasar un agradable rato!!